Xenes en lugar de fármacos


Neste programa de Redes,  Eduard Punset fala con Fátima Bosch, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Autónoma de Barcelona, onde dirixe o Centro de Biotecnología Animal y Terapia Génica (CBATEG).

A terapia xénica é unha técnica que todavía está en desenvolvemento por iso só se practica nos ensaios clínicos, consiste na inserción de xenes funcionais ausentes no xénoma dun individuo e realízase nas células e texidos co obxectivo de tratar unha enfermidade ou realizar un marcaxe.

Esta ténica pode levarse acabo por un proceso in vivo oque fan é extraer un "vector" dun virus que non causa enfermidades en humanos para transportar o xen terapéutico ata as células de destino, ou ex vivo, nesta extraen o xen afectado para tratalo fora do corpo e logo volvelo a introducir.

Con isto nun futuro poderemos tratar enfermidades tratando células, substituíndo aos fármacos que consumimos e que teñen efectos secundarios para nós.


Coa terapia xénica queren tratar enfermidades raras, que afectan a pouca xente entre esa xente o 50% son nenos.

Algunhas destas son, o síndrome de Morquio, de Sanfilippo e de Hunter, perxudica ó desenvolvemento físico e cognitivo dos nenos, xa que estes comezan a perder a capacidade de falar, de expresarse, e vanse facendo máis torpes co tempo.

Na actualidade esta terapia é a única solución para estos síndromes, pero como está en proceso de estudo agora mesmo só serve para  alarga a vida.

Estase estudando con animais e pronto intentarase aplicar as persoas aínda que é algo moi complicado e caro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario