Dez curiosidades químicas cotidianas que todos deberíamos coñecer

Aínda que non nos demos de conta a diario manexamos moléculas e produtos que as conteñen que moitas persoas non coñecen, pero que todos deberíamos coñecer, isto é o caso de:

O etilineo é un gas producido pola froita ao madurar. As laranxas son moi sensibles a este gas e deterióranse pronto.

O ácido butírico é responsable do desagradable olor da mantequilla rancia.

O lapis de labios eláborase con cera de abella e aceite ricino.

A fructosa, o azucre das froitas é máis doce que a sacarosa, o azucre de caña.

Os xugos gástricos do estómago teñen un pH de 1,6 a 1,8, son máis ácidos que o zume de limón (2,1).

O timol emprégase para a conservación dos libros, para combatir os fungos. este está presente en dúas herbas aromáticas moi usadas para cociñar.

A mioglobina é un pigmento responsable da cor da carne vermella. A carne dun animal máis vello estará máis oscura.

A miristicina é un alcaloide tóxico presenta na noz moscada que pode causar alucinacións.

O xeraniol é un acohol natural presente en flores como xeranios e rosas, as abellas úsano para marcar as flores de néctar.

O tungsteno úsase como filamento das bombillas e tamén no neon.

Noticias sobre avance da terapia xénica

A publicación anterior do programa Redes é de fai un ano, por iso deixo agora uns cantas noticias para observar o avance da terapia xénica nos últimos meses deste ano:

Os últimos resultados impulsan o renacer da técnica con virus máis seguros 6 de maio de 2012

Primer fármaco comercial para terapia xénica 20 de xullo de 2012

Terapia xénica para o sentido do olfato 2 de novembro de 2012

Primeiro estudo prometedor de terapia xénica nas glándulas salivales 6 de novembro 2012

Xenes en lugar de fármacos


Neste programa de Redes,  Eduard Punset fala con Fátima Bosch, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Autónoma de Barcelona, onde dirixe o Centro de Biotecnología Animal y Terapia Génica (CBATEG).

A terapia xénica é unha técnica que todavía está en desenvolvemento por iso só se practica nos ensaios clínicos, consiste na inserción de xenes funcionais ausentes no xénoma dun individuo e realízase nas células e texidos co obxectivo de tratar unha enfermidade ou realizar un marcaxe.

Esta ténica pode levarse acabo por un proceso in vivo oque fan é extraer un "vector" dun virus que non causa enfermidades en humanos para transportar o xen terapéutico ata as células de destino, ou ex vivo, nesta extraen o xen afectado para tratalo fora do corpo e logo volvelo a introducir.

Con isto nun futuro poderemos tratar enfermidades tratando células, substituíndo aos fármacos que consumimos e que teñen efectos secundarios para nós.


Coa terapia xénica queren tratar enfermidades raras, que afectan a pouca xente entre esa xente o 50% son nenos.

Algunhas destas son, o síndrome de Morquio, de Sanfilippo e de Hunter, perxudica ó desenvolvemento físico e cognitivo dos nenos, xa que estes comezan a perder a capacidade de falar, de expresarse, e vanse facendo máis torpes co tempo.

Na actualidade esta terapia é a única solución para estos síndromes, pero como está en proceso de estudo agora mesmo só serve para  alarga a vida.

Estase estudando con animais e pronto intentarase aplicar as persoas aínda que é algo moi complicado e caro.

Substancia prometedora para tratar a Enfermidade do Alzheimer

O Alzheimer é unha enfermidade que moita xente sofre no mundo, en Estados Unidos estímase que 5,1 millóns de persoas a padecen.

Na Universidade de Purdue en West Lafayette, Indiana, Estados Unidos diseñouse unha molécula con características únicas, que no afectan aos procesos fisiolóxicos, nin causa efectos secundarios, senón que se dirixe só o seu obxectivo.


Esta substancia resulta moi prometedora como posible medicación para os pacientes de Alzheimer, e mostra unha selectividade de 7.000 veces para a súa enzima obxectivo un valor que suera a cota de selectividade de 1.000 veces adscrita a unha substancia que se pode destinar a un tratamento viable para esta enfermidade.

Aínda que todavía hai que verificar que esta substancia se poda converter nun fármaco fácil de administrar e que supere a barreira hematoencefálica.



Se queres ler máis sobre esta noticia: http://noticiasdelaciencia.com/not/5566/sustancia_prometedora_para_tratar_la_enfermedad_de_alzheimer/

Proteínas presentes no ollo humano poderían ser a base de novos fármacos antimicrobianos

Identificar substancias naturais do corpo que teñen acción antimicrobiana e producilas en grandes cantidades en laboratorios para o seu uso en tratamentos médicos, é unha vía moi interesante para desenvolver novos fármacos.

Descubriuse que certas proteínas do ollo son capaces de manter a raia a xérmenes patóxenos. Estas substancias poderían ser a base de novos fármacos antimicrobianos, os cales ademais resultarían baratos.

O equipo de especialistas en visión da Universidade de California en Berkeley fixeron o achado e probou a versión sintética destas proteínas, derivadas da citoqueratina 6A, a fin de ver o alcance da súa acción contra diversos microbios patóxenos. Estas moléculas sintéticas aniquilaron ás bacterias causantes da inflamación de gorxa e de algúns casos de fascitis necrotizante (Streptococcus pyogenes), diarrea e a veces infeccións mortais (Escherichia coli), así como infeccións causadas por Staphylococcus aureus e Pseudomas aeruginosa.

[Img #10343]
A citoqueratina 6A  pode ser atopada en células epiteliais da córnea humana, así como na pel, pelo e uñas. Todas estas son áreas expostas a microorganismos, polo que é razoable que exista en elas estas barreiras defensivas naturais extra.

Tal como razoa a microbióloga Suzanne Fleiszig, do equipo de investigación e profesora da Universidade de  California, dado que as substancias investigadas no estudo están presentes no corpo, é obvio que son biocompatibles e sen toxicidade manifestada.
Ademais son relativamente fáciles de fabricar. Por todo elo, son boas candidatas para terapias de baixo costo.
O problema con outras pequenas moléculas antimicrobianas naturais, identificadas en estudos anteriores, é que son  toxicas ou facilmente inactivables polas concentracións normais de sal no noso corpo.

En esta investigación tamén traballaron Connie Tam, James Mun e David Evans, todos da Universidade de California en Berkeley.

A Fundación Bill e Melinda Gates, así como os Institutos Nacionais de Saúde, nos Estados Unidos, presentaron axuda para este estudo.

Sorprendentes medicamentos os de antes!


Hoxe en día parécenos una loucura vender e anunciar medicamentos con compoñentes como a heroína, cocaína, morfina... sen embargo cando estes foron descobertos víronse como medicamentos milagrosos.

Houbo un tempo no que se tomaba petroleo cru como medicina porque como no son sabía mal debería de ser bo.

Antigamente os pais non necesitaban un gran esforzó para tranquilizar os meniños, xa que esto solucionábano co opio.Propaganda loco

Este frasco de paregórico (sedante) de Stickney and Poor era unha mestura de opio e alcohol (45%). No prospecto puña: " Dose para nenos de 5 días, 3 gotas; de 2 semanas, 8 gotas; de 5 anos, 25 gotas e para os adultos unha culler chea."
Os calmantes de cocaína en 1885 eran utilizados para a dor de dentes dos nenos, a parte de calamar a dor melloraba o humor dos que o consumían.


Estes tabletes de cocaína eran indispensables para cantantes,mestres e oradores, calmaban a dor de gorxa e daban un efecto "animador" para que estes profesionais alcanzaran o seu máximo rendemento.


Este vaporizador Nacional Vapor-OL usábase para a asma e outras afeccións espasmódicas. O líquido volátil era colocado nunha pota e quentábase cunha lámpada de queroseno.


A heroína de Martin H.Smith Company era usada como analxésico, pero tamén como remedio contra a asma, tose e pneumonía.
Mesturábase a heroína con glicerina (tamén con azucre e especias) para que fora máis aceptable na inxestión oral.



Entre 1890 e 1910 tamén aparece a heroína de Bayer como substituto non aditivo da morfina e remedio contra a tose dos nenos.


O viño de Maltine, foi un viño de coca feito pola Maltine Manufacturing Company de Nova York. A dosificación indicada di: "Unha copa chea xunto con, ou despois, das comidas. Os nenos en proporción."
Outro viño de coca en 1865 tamén foi o Mariani. O Papa León XII levaba consigo unha deste e premiou o seu creador, Angelo Mariani, cunha medalla de ouro. O viño de coca da Meltcalf era tamén un deste viños, todos afirmaban que tiña efectos medicinais pero en realidade eran consumidos polo seu efecto "recreador".

Por si non o sabías... así se fabrica un medicamento