Sorprendentes medicamentos os de antes!


Hoxe en día parécenos una loucura vender e anunciar medicamentos con compoñentes como a heroína, cocaína, morfina... sen embargo cando estes foron descobertos víronse como medicamentos milagrosos.

Houbo un tempo no que se tomaba petroleo cru como medicina porque como no son sabía mal debería de ser bo.

Antigamente os pais non necesitaban un gran esforzó para tranquilizar os meniños, xa que esto solucionábano co opio.Propaganda loco

Este frasco de paregórico (sedante) de Stickney and Poor era unha mestura de opio e alcohol (45%). No prospecto puña: " Dose para nenos de 5 días, 3 gotas; de 2 semanas, 8 gotas; de 5 anos, 25 gotas e para os adultos unha culler chea."
Os calmantes de cocaína en 1885 eran utilizados para a dor de dentes dos nenos, a parte de calamar a dor melloraba o humor dos que o consumían.


Estes tabletes de cocaína eran indispensables para cantantes,mestres e oradores, calmaban a dor de gorxa e daban un efecto "animador" para que estes profesionais alcanzaran o seu máximo rendemento.


Este vaporizador Nacional Vapor-OL usábase para a asma e outras afeccións espasmódicas. O líquido volátil era colocado nunha pota e quentábase cunha lámpada de queroseno.


A heroína de Martin H.Smith Company era usada como analxésico, pero tamén como remedio contra a asma, tose e pneumonía.
Mesturábase a heroína con glicerina (tamén con azucre e especias) para que fora máis aceptable na inxestión oral.



Entre 1890 e 1910 tamén aparece a heroína de Bayer como substituto non aditivo da morfina e remedio contra a tose dos nenos.


O viño de Maltine, foi un viño de coca feito pola Maltine Manufacturing Company de Nova York. A dosificación indicada di: "Unha copa chea xunto con, ou despois, das comidas. Os nenos en proporción."
Outro viño de coca en 1865 tamén foi o Mariani. O Papa León XII levaba consigo unha deste e premiou o seu creador, Angelo Mariani, cunha medalla de ouro. O viño de coca da Meltcalf era tamén un deste viños, todos afirmaban que tiña efectos medicinais pero en realidade eran consumidos polo seu efecto "recreador".

No hay comentarios:

Publicar un comentario